Como xa sabedes seguimos con talleres de cociña e neste caso a mamá de Saúl veu ao cole a ensiñarnos como e onde estan as castañas e que podiamos facer con elas. Dicir que ao final todos pelamos, cocemos e comemos castañinas.
lunes, 26 de octubre de 2015
MASA DE REMOLACHA
Outro día de cociña na aula, coas remolachas do noso horto fixemos masa para todos.
1º DIA DE HORTA
Este curso a horta volve a ser protagonista é puxémonos mans a obra para tela pronto en funcionamento outra vez.
OS PRIMEIROS CUMPLEANOS
Como xa sabedes na clase gustanos celebrar todo é estes foron os primeiros cumpleanos
sábado, 10 de octubre de 2015
COCIÑAMOS
Este ano temos un taller de cociña ademais das visitas familiares e de educadores que xa sabedes que a nosa aula esta sempre aberta.
A primeira visita foi de Eva, que achegou a aula un ROBOT DE COCIÑA, primeiro miramos os utensilios para cociñar e algúns ingredientes como o azúcar que todos probamos, un limón que todos degustamos uns mais ca outros polas súas caras e despois marchamos de excursion a coller as nosas mazas para facer membrillo que por certo saíu riquísimo e aínda estamos a comer nel.

2º DÍA DE CLASE
O segundo día de clase tivemos unha visita moi especial porque despois dun ano falando da tía ALMU de buscala por internet xa que vive en Ecuador e de tela presente moitos días na clase sobre todo cando viña e marchaba outra vez por fin a coñecemos en persoa e como sei que nos sigue dende Ecuador mandámoslle todos un bico xigante. Ademais regalounos un cinto de Ecuador e patatillas, pero aínda hai mais fotos porque deixou que os nenos/as foran fotógrafos e modelos por un día e foi unha actividade moi divertida.
viernes, 9 de octubre de 2015
CANTOS SOMOS???
Pois despois das baixas e altas somos 11 na clase ademais dos mestres que nos visitan a diario pero o primeiro día foi especial volvemos a atoparnos con ilusión e eu unhas ganas de velos terribles.
Xogamos nos recunchos e contamos o conto UN BIQUIÑO PARA OSIÑO, de Kalandraka e como non despois todos nos bicamos.
Xogamos nos recunchos e contamos o conto UN BIQUIÑO PARA OSIÑO, de Kalandraka e como non despois todos nos bicamos.
VOLTA AO COLE
Boas familias e educadores!
Un curso mais queremos que sexades participes do traballo dos nenos/as no cole, e aínda que vou con retraso non pensedes que non estamos facendo cousas. Así que benvidos a todos/as e comezamos a ver as novas publicaciones e os novos xogos para este ano.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)