lunes, 26 de octubre de 2015

CASTAÑAS COCIDAS

Como xa sabedes seguimos con talleres de cociña e neste caso a mamá de Saúl veu ao cole a ensiñarnos como e onde estan as castañas e que podiamos facer con elas. Dicir que ao final todos pelamos, cocemos e comemos castañinas.

MASA DE REMOLACHA

Outro día de cociña na aula, coas remolachas do noso horto fixemos masa para todos.

1º DIA DE HORTA

Este curso a horta volve a ser protagonista é puxémonos mans a obra para tela pronto en funcionamento outra vez.

OS PRIMEIROS CUMPLEANOS

Como xa sabedes na clase gustanos celebrar todo é estes foron os primeiros cumpleanos

sábado, 10 de octubre de 2015

COCIÑAMOS

Este ano temos un taller de cociña ademais das visitas familiares e de educadores que xa sabedes que a nosa aula esta sempre aberta.
A primeira visita foi de Eva, que achegou a aula un ROBOT DE COCIÑA, primeiro miramos os utensilios para cociñar e algúns ingredientes como o azúcar que todos probamos, un limón que todos degustamos uns mais ca outros polas súas caras e despois marchamos de excursion a coller as nosas mazas para facer membrillo que por certo saíu riquísimo e aínda estamos a comer nel.

2º DÍA DE CLASE

O segundo día de clase tivemos unha visita moi especial porque despois dun ano falando da tía ALMU de buscala por  internet xa que vive en Ecuador e de tela presente moitos días na clase sobre todo cando viña e marchaba outra vez por fin a coñecemos en persoa e como sei que nos sigue dende Ecuador mandámoslle todos un bico xigante. Ademais regalounos un cinto de Ecuador e patatillas, pero aínda hai mais fotos porque deixou que os nenos/as foran fotógrafos e modelos por un día e foi unha actividade moi divertida.

viernes, 9 de octubre de 2015

CANTOS SOMOS???

Pois despois das baixas e altas somos 11 na clase ademais dos mestres que nos visitan a diario pero o primeiro día foi especial volvemos a atoparnos con ilusión e eu unhas ganas de velos terribles.
Xogamos nos recunchos e contamos o conto UN BIQUIÑO PARA OSIÑO, de Kalandraka e como non despois todos nos bicamos.

VOLTA AO COLE

Boas familias e educadores!
Un curso mais queremos que sexades participes do traballo dos nenos/as no cole, e aínda que vou con retraso non pensedes que non estamos facendo cousas. Así que benvidos a todos/as e comezamos a ver as novas publicaciones e os novos xogos para este ano.

miércoles, 24 de junio de 2015

FIN DE CURSO

Bueno para rematar este ano só nos queda darvós as gracias pola participación e colaboración durante todo o curso e polo apoio en todo aquilo que nos propuxemos facer.
Finalmente dicir que persoalmente foi un curso moi bonito onde aprenderon os nenos/as e mais eu, onde tivemos un traballo conxunto dende todolos ámbitos da nosa comunidade educativa.
Recordade que o venres as 10:30 temos a última cita do curso.

FESTA FIN DE CURSO




TEMOS QUE AGRADECER A ANPA E A TODOLOS PAIS QUE COLABORASTES PARA QUE ESTE ACTO FOSE POSIBLE E OS NENOS E OS MAIORES EU INCLUIDA O PASARAMOS TAN BEN.


DÍAS DO HORTA












GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN A VERDADE É QUE DISFRUTARON MOITO CON ESTA ACTIVIDADE E ESPERO QUE PARA O ANO PASE O QUE PASE COAS TITORAS NON SE PERDA ALGO TAN BONITO E PARA ELES TAN GRATIFICANTE.

CORRELINGUA







CUMPREANOS QUE FALTABAN

CUMPLE DE DIEGO


CUMPLE MARTÍN

CUMPLEANOS DE NAVIA
 CUMPLEANOS DE PILAR

domingo, 14 de junio de 2015

Flashmob CEIP Príncipe Felipe (Praza da Ferrería, Pontevedra)



Vídeo realizado pola ANPA "Amigos do CEIP Príincipe Felipe". Gracias a todos os que fixeron posible esta actuación.
Desexamos que vos guste o traballo realizado con todo o cariño tanto dos alumnos, mestres e persoal de servizos do noso colexio.

jueves, 30 de abril de 2015

QUE SORTE TEMOS AS AVOAS TAMÉN CONTAN

 Hoxe tivemos a gran sorpresa de que a avoa (Ángles) de Martín veu contarnos un conto fermoso o cole.
 Ademáis de contar o conto, acompañounos a horta.

 Axudounos a observar os nosos cultivos e explicounos que ela ten moitos cáctus

Despois trouxonós unha sorpresa unha caixa chea de galletiñas.
Pasámolo xenial.
GRACIAS POR TODO AVOA