lunes, 26 de octubre de 2015

CASTAÑAS COCIDAS

Como xa sabedes seguimos con talleres de cociña e neste caso a mamá de Saúl veu ao cole a ensiñarnos como e onde estan as castañas e que podiamos facer con elas. Dicir que ao final todos pelamos, cocemos e comemos castañinas.

MASA DE REMOLACHA

Outro día de cociña na aula, coas remolachas do noso horto fixemos masa para todos.

1º DIA DE HORTA

Este curso a horta volve a ser protagonista é puxémonos mans a obra para tela pronto en funcionamento outra vez.

OS PRIMEIROS CUMPLEANOS

Como xa sabedes na clase gustanos celebrar todo é estes foron os primeiros cumpleanos

sábado, 10 de octubre de 2015

COCIÑAMOS

Este ano temos un taller de cociña ademais das visitas familiares e de educadores que xa sabedes que a nosa aula esta sempre aberta.
A primeira visita foi de Eva, que achegou a aula un ROBOT DE COCIÑA, primeiro miramos os utensilios para cociñar e algúns ingredientes como o azúcar que todos probamos, un limón que todos degustamos uns mais ca outros polas súas caras e despois marchamos de excursion a coller as nosas mazas para facer membrillo que por certo saíu riquísimo e aínda estamos a comer nel.

2º DÍA DE CLASE

O segundo día de clase tivemos unha visita moi especial porque despois dun ano falando da tía ALMU de buscala por  internet xa que vive en Ecuador e de tela presente moitos días na clase sobre todo cando viña e marchaba outra vez por fin a coñecemos en persoa e como sei que nos sigue dende Ecuador mandámoslle todos un bico xigante. Ademais regalounos un cinto de Ecuador e patatillas, pero aínda hai mais fotos porque deixou que os nenos/as foran fotógrafos e modelos por un día e foi unha actividade moi divertida.

viernes, 9 de octubre de 2015

CANTOS SOMOS???

Pois despois das baixas e altas somos 11 na clase ademais dos mestres que nos visitan a diario pero o primeiro día foi especial volvemos a atoparnos con ilusión e eu unhas ganas de velos terribles.
Xogamos nos recunchos e contamos o conto UN BIQUIÑO PARA OSIÑO, de Kalandraka e como non despois todos nos bicamos.

VOLTA AO COLE

Boas familias e educadores!
Un curso mais queremos que sexades participes do traballo dos nenos/as no cole, e aínda que vou con retraso non pensedes que non estamos facendo cousas. Así que benvidos a todos/as e comezamos a ver as novas publicaciones e os novos xogos para este ano.